Subvención da Deputación da Coruña para terapias de rehabilitación

A Asociación de Familias de Nenos e Nenas con Necesidades Especiais Paseniño solicitou á Deputación da Coruña, dentro do programa FOAXE-P/2024 unha subvención para programas de rehabilitación, en concreto para terapias de rehabilitación orientadas á mellora da autonomía e inclusión social de nenos e nenas con necesidades educativas especiais.

O importe do proxecto a xustificar é de 5.791,20 € dos que a Deputación financiará 4.632 €, o 80 % do total subvencionado.

O programa para que o que se solicita esta subvención ten como como obxectivo principal o apoio económico para a realización de terapias especializadas en nenos e nenas con necesidades especiais da comarca da Costa da Morte e as súas familias, coa finalidade de mellorar a súa autonomía e inclusión social.
O número reducido de centros públicos especializados na contorna obrigan ás familias a acceder a terapias privadas (tanto para o propio neno/a como para a súa familia), o que supón un custe económico que non todas as familias pode asumir. Limitando así de forma significativa as posibilidades de mellora tanto a nivel autonomía como nas relacións sociais dos nenos da comarca.
É importante ter en conta a relevancia das terapias dende os primeiros anos de vida dunha nena ou neno con necesidades especiais. A atención temperá é crucial para un desenvolvemento óptimo e, o acompañamento ó longo dos anos é importante para tratar tanto aquelas necesidades existentes como as transitorias.
En concreto a Asociación Paseniño pretende ofrecer ás familias apoio económico nas actividades terapéuticas de: logopedia, terapia ocupacional, psicoloxía infantil e psicoloxía familiar.
Debido a que a entidade non conta coas instalacións e os perfís profesionais necesarios para levar a cabo a actividade, está será subcontratada cos distintos centros privados que existen na contorna, e que veñen prestando estes servicios dende fai xa anos ós nenos e nenas da asociación con resultados positivos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

× Contactar con Paseniño