Asesoramento Paseniño
Dende aquí podes consultar aquelas dúbidas que teñas relacionadas coas necesidades educativas especiais.
As familias de nenos e nenas con necesidades educativas atopámonos ó longo da vida con distintas dificultades: diagnóstico, xestións administrativas, condutas que nos preocupan, escolarización, inclusión social,…
Non sempre sabemos a onde dirixirnos, que persoa ou entidade pode axudarnos, como resolver situacións do día a día (emocionais, de conduta, de aprendizaxe…) Por desgraza, isto ademáis de levar a un malestar importante para nós e os nosos fillos pode chegar a facernos perder ou retrasar dereitos que temos como familias.
Como entidade que ten como finalidade mellorar a calidade de vida dos nenos e nenas con necesidades educativas especiais esperamos que este servicio sexa un recurso útil para todas as familias que o precisen.
Recorda que podes facerte socio/a ou colaborar coa Asociación Paseniño, para axudarnos a seguir traballando en prol dos nosos obxectivos.
Quen respostará ás túas dúbidas?
Este servizo é coordinado por dúas persoas con amplia formación e experiencia en necesidades educativas especiais, que colaboran de xeito voluntario coa Asociación Paseniño para poder ofrecer este servizo especializado. Contan con profesionais amigas doutras disciplinas (psicoloxía, integración social, logopedia…) para poder dar respostas o máis actualizadas e fiables a cada unha das consultas.