A Asociación Paseniño é unha Asociación sen ánimo de lucro, as vendas dos nosos produtos permítennos poder poñer en marcha as actividades que permiten ós nenos con necesidades educativas teñan unha mellor calidade de vida.
Podes colaborar mercando os seguintes produtos:
En Paseniño sentímonos moi orgullosos de quen somos e do que facemos, por iso temos unha serie de produtos solidarios, co noso nome e/ou eslogan (A diversidade é vida), para que poidas presumir de ser parte deste fermoso proxecto.
Gracias a Cuca Clay, que nos dona un bo número de fermosas pezas, tamén podes colaborar mercando pendentes, pulseiras, pins ou chaveiros. Estes produtos son únicos e variados, consúltanos para saber prezos asociacion.pasenino@gmail.com ou teléfono 604 04 75 82
Se tes unha boda, bautizo ou comunión consúltanos os produtos que podes regalar, para que ese día sexa especial para ti e tamén para nós.
Contacta no mail asociacion.pasenino@gmail.com ou teléfono 604 04 75 82