Asociación Paseniño
OS NOSOS FINS
FACILITAR a integración das persoas con necesidades especiais e a súa capacitación para un desenvolvemento pleno na vida diaria.
INFORMAR e colaborar coas familias de persoas con necesidades especiais na medida das posibilidades da asociación creando unha rede de apoio.
PROMOVER o recoñecemento da diversidade funcional e os dereitos fundamentais das persoas no marco da inclusión social, educativa e laboral, especialmente en contextos comunitarios.
CONCIENCIAR as Administracións Públicas para que adiquen melloras en materia educativa e sanitaria e, os medios necesarios, para a atención e integración das persoas con necesidades especiais.
PROCURAR a autonomía e libre determinación de cada persoa en contextos de diversidade cultural.
Cómo podo poñerme en contacto?
Podes poñerte en contacto con Paseniño no noso teléfono de contacto, no mail, ou nas redes sociais