Proxecto de terapias de rehabilitación orientadas á mellora da autonomía e inclusión social de nenos e nenas con necesidades educativas especiais

Dende a Asociación Paseniño vamos a presentar un proxecto de terapias a unha subvención da Deputación da Coruña, que se levará a cabo ó longo do próximo ano 2024.

Este servizo terá por obxectivo ofrecer ós nenos e nenas con necesidades especiais e ás súas familias terapias de rehabilitación orientadas á mellora da súa autonomía e inclusión social, tales como: terapia ocupacional, logopedia, psicoloxía infantil e familiar, realizando unha sesión mensual durante o ano 2024.

Se queres que o teu fillo/a, ti mesmo/a ou a familia se beneficie destas terapias, tes que cubrir o formulario pinchando no enlace que atoparás aquí abaixo:

https://forms.gle/h9qUs8RDdpZ96c86A

O acceso será por orde de inscrición, así que te animamos a cubrilo canto antes, xa que temos un NÚMERO LIMITADO de prazas, un 5 % estarán reservadas para as familias e outro 10 % para nenos/as en situación de exclusión social.

PRAZO DE RECEPCIÓN DO FORMULARIO: 5 de decembro de 2023 

Unha vez rematado ese prazo pecharemos as inscricións para poder planificar e poñer en marcha o proxecto durante o ano 2024.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

× Contactar con Paseniño