ACTIVIDADES INCLUSIVAS NADAL 2023

O Nadal é unha boa época para desfrutar, para divertirnos, e como non, para amosar a nosa parte máis inclusiva.

Este ano, como en anos anteriores, imos organizar dúas actividades que permiten que os nenos e nenas con necesidades especiais poidan xogar e divertirse conxuntamente con outros nenos da comunidade.

CINE INCLUSIVO

O sábado, día 16 de decembro ás 11 da mañá, teremos unha nova sesión de CINE INCLUSIVO organizado pola Asociación Paseniño. Poderán participar de xeito gratuito todos aqueles nenos que o desexen, rexistrándose previamente no formulario de contacto que temos habilitado para estas actividades: https://forms.gle/vu4FyVdy3MSUJszL8.

Para que o cine sexa inclusivo contaremos coas seguintes adaptacións: luz do pasillo encendida, o volume será máis baixo do habitual. No exterior da sala teremos un taller onde poderán ser atendidos facendo distinto tipo de actividades, de forma que poidan entrar e saír cada vez que o precisen, podendo os outros irmáns, primos ou familiares quedar dentro mentres o neno ou nena sae fora.

Tamén haberá pictogramas de apoio para aqueles nenos ou nenas que os precisen.

A película será APTA PARA TODOS OS PÚBLICOS. Informaremos unha semana antes (aproximadamente) de cal será a película que se vai proxectar.

TALLER DE NADAL INCLUSIVO

O taller de Nadal será un espacio para compartir, onde se elaborarán pezas para decorar o árbol, chapas con motivos navideños. Os nenos e nenas poderán traer unha foto para facer decoracións para o árbol de Nadal, ou tamén para poñer nas chapas. O taller será gratuito e podes apuntarte dende aquí: https://forms.gle/vu4FyVdy3MSUJszL8.

Se algún neno non quere pintar ou facer este tipo de actividades tamén poderá xogar nas instalacións de DAFIT, xa que conta con rocódromo e outras zonas de xogo.

Non haberá inchables, xa que o ruido que produce o soplador necesario para que funcione resulta molesto para algúns dos nosos nenos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

× Contactar con Paseniño