Eroski Center Cee colabora coa Asociación de familias de nenos con necesidades especiais Paseniño, organizando un Mercadillo Solidario. Os fondos recaudados pola venda destes produtos revertirán na Asociación, co obxectivo de acadar os seus fins.
As persoas interesadas en colaborar con esta iniciativa, tan só terán que acercarse ó Eroski Center de Cee e achegar alí as súas donacións (roupa, xoguetes, ou calquera outro obxecto que esté en bo estado). O persoal do supermercado informará da maneira de proceder e do espacio habilitado para depositar as donacións.
O próximo domingo, día 22 de outubro, acercarémonos de 10 a 12 horas da mañá ó Eroski co noso stand para vender os nosos produtos solidarios.
Esperamos que te acerques ata alí para coñecer un pouco máis a nosa Asociación e tamén para apoiar a labor que estamos facendo, ben mercando os nosos produtos, ou ben donando cousas para vender.