Subvención da Deputación da Coruña para investimento

A Asociación de Familias de Nenos e Nenas con Necesidades Especiais Paseniño solicitou á Deputación da Coruña, dentro do programa FOIE/2024 unha subvención para investimento relacionado cos tratamentos de rehabilitación, en concreto para a xestión, coordinación e desenrolo das terapias.

O importe do proxecto é de 706,50 € dos que a Deputación financiará 565,20 €, o 80 % do total.

En concreto esta subvención será invertida en:

  • Programa de xestión de asociacións sen ánimo de lucro Cucunver: facilitanos a xestión tantos dos socios como dos nenos e nenas que participan nas distintas actividades e levar un control de todo o proceso. Tamén nos permite usar a mensaxería para comunicar ás persoas que temos de alta aquela información importante para eles (apuntarse en actividades, facer enquisas de valoración, prazos…).
  • O móvil é necesario para comunicarnos coas familias que van a participar nas terapias de rehabilitación, e a xestión do proceso, xa que traballamos por medio de Drive e outras ferramentas online, e este dispositivo permítenos ter acceso a toda esta información dende calquera lugar, o que nos permite unha maior e máis eficaz coordinación, posto que as familias que levan a coordinación non poden estar sempre na oficina.
  • A tablet será unha ferramenta nas actividades de rehabilitación, xa que facilitan a comunicación e autonomía nos nenos e nenas con diversidade por medio de pictogramas, comunicador, autoinstruccións…

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

× Contactar con Paseniño