A Xunta de Galicia concedeu á Asociación Paseniño un coidador/a media xornada para o Servizo de respiro e conciliación para familias de nenos e nenas
con diversidade funcional.
Este programa ten por obxectivo dar ás familias de nenos e nenas con necesidades educativas especiais un apoio, permitindo a participación dos nenos e nenas en actividades comunitarias, ofrecendo tempos de respiro e favorecendo a conciliación, ó contar con unha persoa que pode dar apoios tanto en domicilios (cando os nenos están enfermos, ou ante outras circunstancias na que os/as coidadores/as principais non poidan facerse cargo: traballo, citas médicas, reunións…) como nas actividades do entorno.
Para poder levar a cabo este programa contratarase con cargo ós fondos deste programa a un/ha coidador/a a media xornada durante 12 meses.
As persoas interesadas poden enviar o curriculum a asociacion.pasenino@gmail.com