O Concello de Cee concede unha subvención nominativa á Asociación Paseniño

A Asociación Paseniño firmou recentemente o Convenio Regulador de Subvención Directa nominativa do Concello de Cee con un importe total de 1.000 €, co obxectivo de seguir traballando na defensa dos dereitos e mellora da calidade de vida das persoas con necesidades especiais dende os primeiros anos de vida, facilitando a súa integración na sociedade.

A subvención concedida polo Concello de Cee permitiunos manter a actividade da Asociación financiando as seguintes áreas:

  • Comunicación interna e externa: contacto con familias para terapias, acceso a Internet para as distintas xestións, chamadas para resolver dúbidas… Material de imprenta con logos.
  • Posta en marcha de actividades: carpetas para a formación, compra de material para os talleres.
  • Xestión: gastos de xestoría e seguros.

Dende a Asociación Paseniño agradecemos ó Concello de Cee a concesión desta subvención, que nos permite seguir traballando nos nosos obxectivos e na mellor da calidade de vida dos nenos e nenas con necesidades educativas especiais da Costa da Morte.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

× Contactar con Paseniño