Respiro familiar

¿Qué é o Servizo de Respiro Familiar?
O Servizo de Respiro Familiar é un servizo subvencionado a través dos Programas de Cooperación da Xunta de Galicia e está deseñado para apoiar a familias con nenos e nenas con necesidades educativas especiais, ofrecendo espazos de descanso para os proxenitores e promovendo o desenvolvemento persoal, a socialización e a autonomía dos nenos a través de actividades individuais e grupais.

AVISO: O servizo de respiro só pode prestarse no concello de Cee polo tipo de subvención concedida. Esperamos poder abrilo a outros concellos próximamente.

¿Que actividades se ofrecen?

  • Actividades Individuais:
    Inclúen a participación en actividades deportivas, de ocio ou extraescolares, cunha coidadora que acompaña ao neno/a de forma personalizada.
  • Actividades Grupais:
    Realizadas en grupos reducidos de 3-4 nenos/as, estas actividades teñen como obxectivo fomentar a interacción e a socialización nun entorno seguro.
  • Opcións de Respiro:
    • Puntual/urxente: O servizo ofrécese de maneira ocasional en momentos de necesidade, permitindo que as familias poidan ocuparse doutros familiares, asistan a citas ou urxencias médicas…
    • Semanal: A oferta de actividades pode ser individual ou grupal, programada de maneira regular durante a semana.
    • Estacional: Durante períodos vacacionais, o servizo tamén poderá ofrecerse para apoiar as familias en momentos de maior carga ou de cambios no rutineiro, adaptándose á necesidade das familias.

Público destinatario:
Nenos e nenas de 6 a 18 anos con necesidades educativas especiais.
Valorarase a capacidade de adaptación do servizo ás necesidades individuais de cada participante.

Criterios de admisión:
Cada neno/a pode participar nunha soa actividade individual.

Prioridades de admisión:

  1. Primeiro: Nenos/as que non estean apuntados en ningunha actividade.
  2. Segundo: Nenos/as inscritos en actividades grupais.
  3. Terceiro: Nenos/as inscritos en actividades individuais.

Outros factores que se terán en conta, priorizados:

  1. Situación familiar: Outras fillos/as con necesidades de apoio, dispoñibilidade de familiares, ou situación laboral dos proxenitores que limite o seu tempo de dedicación.
  2. Necesidades económicas: Priorizar familias con menores recursos económicos ou maior vulnerabilidade social.
  3. Gravidade das necesidades do neno/a: Nivel de apoio necesario e impacto que o servizo poida ter na súa calidade de vida.
  4. Capacidade de autonomía: Valoraráse positivamente que o neno/a teña potencial para adquirir maior autonomía a través do servizo.
  5. Distancia ou accesibilidade: Avaliarase a proximidade ou a dificultade de acceso a outros servizos similares.

Custos e financiamento:
O servizo de apoio está subvencionado pola Xunta de Galicia a través do Programa de Cooperación, polo que non ten custo para as familias.
As familias serán responsables de asumir os custos das actividades (ex. entradas á piscina, clases de atletismo, etc.).

Persoal e recursos:
O equipo está formado por unha coidadora encargada da atención directa e unha psicopedagoga que coordina o servizo. Ademais, contaremos cos monitores das actividades comunitarias.
Dispoñemos de protocolos específicos para garantir unha atención segura e adaptada ás necesidades dos nenos/as.

Requisitos para as familias:
As familias participantes comprométense a:

  • Levar puntualmente aos nenos/as ás actividades programadas e informar con antelación suficiente se non poden asistir.
  • Permanecer accesibles durante as horas de actividade para atender posibles emerxencias.
  • Facilitar a información necesaria a través dun cuestionario inicial, incluíndo información sobre necesidades de saúde, medicación ou situación familiar relevante.
  • Informar de calquera cambio nas condicións do neno/a ou na situación familiar que poida afectar ao servizo.
  • Garantir a dispoñibilidade en casos de urxencia ou cambios na programación de actividades.

Como solicitar o servizo?
As familias interesadas deberán cubrir o cuestionario inicial dispoñible na web e entregar a documentación necesaria dentro do prazo establecido.

Contacto:
Se tes algunha dúbida ou precisas máis información, podes poñerte en contacto coa entidade organizadora a través do seguinte correo electrónico ou número de teléfono:
Correo electrónico: asociacion.pasenino@gmail.com
Teléfono: 604 047 582

× Contactar con Paseniño