Asesoramento Paseniño

Dende aquí podes consultar aquelas dúbidas que teñas relacionadas coas necesidades educativas especiais.

As familias de nenos e nenas con necesidades educativas atopámonos ó longo da vida con distintas dificultades: diagnóstico, xestións administrativas, atención temperá, escolarización, inclusión social, incorporación ó mercado laboral…

Non sempre sabemos a onde dirixirnos, que persoa ou entidade pode axudarnos. E por desgraza, nalgunhas ocasións, isto leva a perder ou retrasar dereitos.

Como entidade que ten como finalidade mellorar a calidade de vida dos nenos e nenas con necesidades educativas especiais esperamos que este servicio sexa un recurso útil para todas as familias que o precisen.

Recorda que podes facerte socio/a ou colaborar coa Asociación Paseniño, para axudarnos a seguir traballando en prol dos nosos obxectivos.

× Contactar con Paseniño